Sinopsis
Sira, unha nena de 8 anos, escapa do colexio tras unha pelexa e corre coa súa mochila ao ombro por unha solitaria estrada da Costa da Morte.
Chega a unha praia deserta buscando ao seu pai, un mariscador furtivo adicto á heroína. Alí non hai ninguén, pero atopa as súas roupas nunha barca varada na area.
Mentres revolve nas cousas do pai, Sira descobre que hai outra nena da súa idade na praia. Está espida e mollada, coma se acabase de saír da auga. Ten frío, pero non parece asustada. A recentemente chegada responde esquiva á curiosidade de Sira, di que chegou nadando e pouco máis.
As dúas nenas crean estraños vínculos en moi pouco tempo. Protexida do forte vento ao pé da barca, a nena nadadora conta un conto sobre un xigante famento que devora aos nenos que non saben nadar.
Antes da chegada do pai, as pequenas deciden visitar o agocho do xigante.
E alí, animada pola súa nova amiga, Sira comprende que chegou o momento de aprender a nadar.