Sinopsis
Nunha pequena casa illada nunha costa remota, ao lado dun mar violento, vive Amancio coa única compañía de Elvira, a súa nai. Amancio é un home de mediana idade coa mente dun neno pequeno. Cariñoso e imaxinativo, os seus días van pasando mentres a súa obsesiva nai o sobreprotexe cun incestuoso e malsán amor/odio. O único contacto que mantén con outras persoas é con Iria, unha moza educadora social do Estado da que está inocentemente namorado, e con Pedro, un vello pescador experimentado, que parece ser o único ser humano que vive na zona. Amancio escapa a miúdo do seu enfermizo fogar e converte os abruptos paisaxes da costa no seu mundo privado.
Nunha praia próxima encontra os máis variados obxectos rexeitados a diario polo mar, cos que comparte as súas palabras e sentimentos, e escóndeos nunha cova que so el coñece. Unha mañá, nun dos seus habituais paseos pola praia, Amancio atopa unha estraña caixa que parece conter algo misterioso no seu interior. Hipnotizado polas súas formas case sobrenaturais, escóndea como o maior dos seus tesouros. Non tardará en darse conta de que dous membros dunha organización criminal, Santos e Woyzeck, acoden ao lugar co obxectivo de conseguila a toda costa.
Debido ás súas crúas vivencias familiares, á falta de cariño que recibiu e á violencia que sufriu por parte dos seus pais, Amancio creará un mundo acorde á súa mentalidade perturbada, no que se mesturan realidade e fantasía, ata o punto de non poder discernir entre personaxes reais e imaxinarios.